Adxudicadas de forma provisional as obras de pavimentación nas rúas do Mar e da Volta, en Castiñeiras

Adxudicadas de forma provisional as obras de pavimentación nas rúas do Mar e da Volta, en Castiñeiras
Adxudicadas de forma provisional as obras de pavimentación nas rúas do Mar e da Volta, en Castiñeiras

A empresa que obtivo a mellor clasificación foi Excavaciones Nima, S.L. (había 28 ofertas presentadas)



O Concello de Ribeira informa de que resultou adxudicada con carácter provisional unha nova actuación consistente na licitación das obras de pavimentación e renovación de servizos nas rúas do Mar e da Volta, ambas situadas  na parroquia de Castiñeiras.

A empresa que obtivo a mellor clasificación foi Excavaciones Nima, S.L. (había 28 ofertas presentadas). Comporta un investimento de 91.740 euros, IVE Incluído, e o prazo de execución son tres meses. A actuación enmárcase no POS provincial.

O proxecto abrangue unha área formada por un conxunto de rúas de trazado irregular e anchura variable cun pavimento de formigón con danos notables como disgregacións e socavóns. Ademais, en ambas vías a rede de abastecemento é de fibrocemento e carecen de rede de alcantarillado, circulando augas residuais e pluviais por un mesmo colector de formigón. 

A tal efecto, vanse renovar a pavimentación e os servizos municipais existentes da seguinte forma:

- Abastecemento: remplazarase a tubaxe por outra de polietileno de alta densidade de 75 milímetros de diámetro.

- Augas fecais: colocarase un colector de PVC liso de 315 milímetros de diámetro.

- Augas pluviais: disporase polo centro da calzada de colectores de PVC corrugado de 315 milímetros de diámetro e construiranse sumidoiros sifónicos de formigón prefabricado.

En canto aos pavimentos, usaranse materiais semellantes aos das rúas do contorno, con lousas de granito combinadas con adoquíns de granito sobre capa de morteiro de cemento.

Comentarios