Comeza a Semana Cultural de Oroso con actos para todas as idades

Comeza a Semana Cultural de Oroso con actos para todas as idades
Comeza a Semana Cultural de Oroso con actos para todas as idades

O programa comeza o domingo, 25 de agosto, coa actuación musical da Banda de Música de Ordes

O Concello de Oroso, a través da súa Concellaría de Cultura, organiza este verán de novo a Semana Cultural 2019, con actos para todas as idades desde este domingo ao 6 de setembro. 

O programa comeza o domingo, 25 de agosto, coa actuación musical da Banda de Música de Ordes, ás 12.30 horas na praza Isaac Díaz Pardo. O martes 27 de agosto chega a quenda para a tradicional excursión ao aquapark de Cerceda.

Despois, durante unha semana haberá actuacións musicais, maxia, circo, teatro, hinchables para os máis pequenos, obradoiros e monicreques. A maior parte das actividades serán no exterior da piscina municipal.

O venres 6 de setembro está programada a actuación de A Banda da Loba, co seu primeiro disco ‘Bailando’, e a inauguración da exposición Góis Oroso Arte.

Comentarios