Ames reparte preto de 40.000 euros entre as asociacións de comerciantes do concello

Ames reparte preto de 40.000 euros entre as asociacións de comerciantes do concello
Ames reparte preto de 40.000 euros entre as asociacións de comerciantes do concello

As asociacións beneficiarias son a Asociación de Comerciantes de Bertamiráns, a Asociación de Empresarios do Parque Empresarial do Milladoiro e a Asociación de comerciantes Palmira Bulevar

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o pagamento dos 36.137,06 euros correspondentes á liña de subvencións para a promoción do comercio local, exercicios 2017-2018. A finalidade destas subvencións é a de favorecer a promoción e o desenvolvemento de actividades realizadas no seo das asociacións de comerciantes e profesionais do Concello de Ames, que estean legalmente constituídas e inscritas no rexistro municipal, subvencionándose aquelas accións non incluídas dentro da campañas de Nadal, para o cal xa existe unha subvención propia. As asociacións beneficiarias son a Asociación de Comerciantes de Bertamiráns, a Asociación de Empresarios do Parque Empresarial do Milladoiro e a Asociación de comerciantes Palmira Bulevar.

Para a concesión das axudas tivéronse en conta dúas liñas de actuación. A primeira delas destínase a subvencionar as accións e proxectos destinados á promoción comercial de distinta índole sobre o mercado: publicidade, promoción de vendas, animación comercial, celebración de exposicións, congresos, e aquelas actividades destinadas a promoción de produtos comercializados polas empresas que desempeñan a súa actividade comercial no Concello de Ames, así como os gastos de contratación de persoal destinado a promover accións de promoción económica dentro do ámbito dos seus asociados. 

A segunda liña de actuación vai dirixida a sufragar os gastos de infraestrutura e equipamento das asociacións (mellora de instalacións, adquisición de material mobiliario ou material funxible, software propio ou páxina web, etc.) 

O montante total das subvencións concedidas ascende a 36.137,06 euros. Para a valoración das solicitudes tivéronse en conta aspectos como o número de socios de cada asociación, as campañas feitas en común ou o orzamento da actividade. Unha vez presentadas as xustificacións das subvencións por parte das entidades beneficiarias, a Xunta de Goberno Local acordou aprobar o pagamento de ditas contías. 

PROMOCIÓN DO COMERCIO LOCAL

Esta subvención pretende achegar o comercio local ao maior número de clientes, axudando aos colectivos asociativos á existencia dunha actividade estable de promoción e mellora do comercio. 

A concelleira de Promoción Económica, Ana belén Paz, destaca que “o apoio a aquelas iniciativas que favorezan o desenvolvemento económico da vila e o impulso do tecido empresarial, favorece a creación de emprego e mellora a calidade de vida dos veciños e veciñas de Ames”. 

Comentarios