En setembro comeza o obradoiro de emprego Xóvenes 2019, de Negreira

En setembro comeza o obradoiro de emprego Xóvenes 2019, de Negreira
En setembro comeza o obradoiro de emprego Xóvenes 2019, de Negreira

As persoas beneficiarias son xente nova de entre dezaoito e trinta anos inscritas e en situación de beneficiarias no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil

A partir de setembro comezará o novo Obradoiro de Emprego "Xóvenes2019" coa participación dos concellos da Baña, Negreira, Santa Comba e Val do Dubra.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia concedeulles unha subvención aos concellos da Baña, Negreira, Santa Comba e Val do Dubra para a posta en marcha do Obradoiro de emprego “XÓVENES2019” para formar a 16 persoas durante seis meses en dous módulos formativos sobre Agricultura ecolóxica de nivel  2 e Animación físico-deportiva e recreativa de nivel 3.

As persoas beneficiarias son xente nova de entre dezaoito e trinta anos inscritas e en situación de beneficiarias no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da CC.AA. de Galicia.

O programa empezaría a mediados de setembro e a sede do obradoiro estará no Concello de Val do Dubra, que actúa como concello promotor. Pódese obter máis información na Oficina de Emprego Santiago-Norte.

Comentarios