O Fútbol Club Meigas organiza unhas xornadas de portas abertas de fútbol sala feminino en setembro

O Fútbol Club Meigas organiza unhas xornadas de portas abertas de fútbol sala feminino en setembro
O Fútbol Club Meigas organiza unhas xornadas de portas abertas de fútbol sala feminino en setembro

Entre os días 4 e 27 de setembro, o Fútbol Club Meigas vai desenvolver unhas xornadas de portas abertas de fútbol feminino co obxectivo de captar nenas que se integren nos diferentes equipos que ten este club amesán

Entre os días 4 e 27 de setembro, o Fútbol Club Meigas vai desenvolver unhas xornadas de portas abertas de fútbol feminino co obxectivo de captar nenas que se integren nos diferentes equipos que ten este club amesán. Esta iniciativa consiste en abrir os adestramentos a todas aquelas rapazas que desexen acudir. Deste xeito, todas as nenas que queiran ir probar se lles gusta a práctica do fútbol sala poderano facer durante os mércores 4, 11, 18 e 25 no pavillón polideportivo do Milladoiro, e os venres 6, 13, 20 e 27 no pavillón polideportivo de Bertamiráns.

Durante o mes de setembro, o Fútbol Club Meigas organiza unhas xornadas de portas abertas de fútbol feminino. Así, todas as rapazas que desexen probar se lles gusta practicar fútbol sala poderano facer acudindo aos adestramentos do Fútbol Club Meigas, que se celebran os mércores no pavillón polideportivo do Milladoiro e os venres no pavillón polideportivo de Bertamiráns.

Estes adestramentos estarán divididos en dúas quendas segundo a idade. Por un lado, no Milladoiro, de 18:30 a 19:30h poderán acudir as nenas nadas do 2007 ao 2015, e de 19:30 a 20:30h as rapazas nadas no 2006 e anos anteriores. Por outra banda, a Bertamiráns acudirán de 18:00 a 19:00 as nenas nadas do 2007 ao 2015, e de 19:00 a 20:00 horas as rapazas nadas no 2006 e anos anteriores.

Esta iniciativa, que non require inscrición previa, consiste en abrir os adestramentos a todas aquelas rapazas que desexen acudir a practicar fútbol sala, co obxectivo de captar nenas que se integren nos diferentes equipos que ten este club amesán. Trátase dunha actividade que é de balde e sen compromiso de continuar unha vez rematen as xornadas de portas abertas.

5 EQUIPOS E ARREDOR DE 60 XOGADORAS

O Fútbol Club Meigas foi posto en marcha no ano 2004. O obxectivo deste club dende a súa fundación foi ofrecer ás xogadoras do concello a posibilidade de practicar fútbol sala, formar unha canteira de xogadoras, e que pouco a pouco sexan estas xogadoras as que fagan crecer o club. Dende a súa posta en marcha, o club foi aumentando o número de equipos e de participantes ata chegar actualmente a estar composto de 5 equipos e arredor de 60 xogadoras. Ademais, o club puxo en marcha as Escolas de Fútbol Sala Trasgos nas que se dá cabida a todos aqueles rapaces que queren practicar este deporte.

Por outra banda, o Fútbol Club Meigas encárgase de impartir as escolas deportivas municipais de fútbol sala feminino.

Comentarios