Asociación Barbancesa de Axuda e Solidariedade organiza unha viaxe interxeracional á Coruña e Muxía
Coa presente actividade búscase facilitar a convivencia e entendemento, a través do ocio, de persoas de distintas xeracións
A Asociación Barbancesa de Axuda e Solidariedade vén de estrenar un programa de ocio interxeracional. Coa presente actividade búscase facilitar a convivencia e entendemento, a través do ocio, de persoas de distintas xeracións.
Arrancará o programa con dúas viaxes, a primeira delas terá lugar á Coruña, onde visitarán o Centro Comercial Marineda, será o día 12 de setembro. Posteriormente. O día 15 do mesmo mes, terá lugar unha viaxe á Romería da Virxe da Barca (Muxía), evento relixioso, ademais de cultural e lúdico, que reúne a milleros de persoas, pola tarde, unha visita ao Castelo de Vimianzo pechará a xornada.
Estas actividades está dirixidas a persoas de ata 99 anos, de todas as parroquias dfos municipios de Ribeira, A Pobra e Boiro, as persoas interesadas poden contactar coa entidade a través do teléfono 696 05 88 21 ou en coordinador.abas.asoc@gmail.