Instan a Bugallo unha planificación na reparación das rúas do Ensanche

Instan a Bugallo unha planificación na reparación das rúas do Ensanche
Instan a Bugallo unha planificación na reparación das rúas do Ensanche

Para os Populares, carece de sentido o que se está a facer desde o departamento de obras, “un parcheo sen ton nin son”, con materiais diferentes ao do resto da rúa

O Grupo Municipal Popular solicita ao Goberno de Sánchez Bugallo a planificación da reparación das rúas do Ensanche que se esta a levar a cabo estes días. Para os Populares, a reparación das vías debe facerse de forma coordinada e despois de ter un estudo de prioridades, unha planificación e de buscar recursos económicos para executalas, investimento que pode saír do remanente que existe, neste momento, nas contas do Concello.

Para o Grupo Municipal Popular, carece de sentido o que se está facendo desde o departamento de obras, “un parcheo sen ton nin son”, con materiais diferentes ao do resto da rúa, sen planificación aparente e sen que se teña presentado un estudo de necesidades sobre a prioridade dos arranxos, posto que non todas as vías presenta o mesmo deterioro, nin a mesma urxencia.

"A falta de planificación está a supoñer numerosos inconvintes, tanto aos veciños como aos visitantes que acoden estes días á capital de Galicia", aseguran os de Hernández. 

Desde hai varios meses, os pavimentos desta zona de Santiago atópanse bastante deteriorados, polo que o Grupo que dirixe Agustín Hernández xa ten levado distintas iniciativas ao Pleno para que fosen arranxadas, pero no seu modelo de Goberno, o anterior Executivo, pouco fixo por solucionar esta situación.

Realizáronse algunhas melloras das beirarrúas das rúas Xeral Pardiñas, Montero Ríos e República Arxentina, pero non foros suficientes, polo que é necesario unha nova intervención para arranxar os derramos producidos nos pavimentos, que contan coas lousas soltas, partidas e mesmo algunha desaparecida. 

Esta circunstancia, lonxe de ser unha cuestión estética, afecta á seguridade dos numerosos usuarios que transitan por estas importantes arterias comerciais da nosa cidade todos os días, sobre todo, para as persoas maiores que viven na zona.

Comentarios