Un neno queda atrapado nun coche na praia de Samil

Un neno queda atrapado nun coche na praia de Samil
Un neno queda atrapado nun coche na praia de Samil

Ata o lugar achegáronse, tras ser alertados polos xestores do 112 Galicia, os Bombeiros de Vigo e os axentes da Policía Loca

Un neno con dificultades para saír do interior dun turismo estacionado precisou ser liberado esta tarde polos servizos de emerxencia. Os feitos tiveron lugar no aparcadoiro da praia de Samil, en Vigo, ao fío das 15:40 horas.

Ata o lugar achegáronse, tras ser alertados polos xestores do 112 Galicia, os Bombeiros de Vigo e os axentes da Policía Local. Ademais, desde o CIAE 112 Galicia informouse do ocorrido á Agrupación de Voluntarios  de Protección Civil da cidade.

Finalmente, os servizos de emerxencias que se desprazaron ata o lugar liberaron ao menor a través da fiestra lateral do turismo.

Comentarios