Unha colisión frontal en Salvaterra de Miño sáldase con dúas persoas feridas

Unha colisión frontal en Salvaterra de Miño sáldase con dúas persoas feridas
Unha colisión frontal en Salvaterra de Miño sáldase con dúas persoas feridas

O accidente tivo lugar na PO-510, á altura de Cabreira, uns minutos despois das 13:45 horas de onte

Dúas persoas resultaron feridas esta tarde en Salvaterra de Miño despois de producirse unha colisión frontal entre dous coches. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, as dúas persoas tiveron que ser trasladadas a un centro hospitalario.

O accidente tivo lugar na PO-510, á altura de Cabreira, uns minutos despois das 13:45 horas de onte. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do sinistro.

Nada máis ter constancia do ocorrido, desde o CIAE 112 Galicia requiriuse a intervención do Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, do servizo de mantemento da estrada, do GES e Bombeiros de Ponteareas e do Porriño.

Comentarios