O enésimo ataque á escultura das Marías

O enésimo ataque á escultura das Marías
Imaxe de arquivo
O enésimo ataque á escultura das Marías

Esta semana procedeuse a súa rehabilitación para que podan lucir de nova esa vestimenta tan chamativa sen ningunha pintada

Unha vez máis, as icónicas figuras das Marías situadas na Alameda de Santiago de Compostela sufriron un ataque vandálico ao ser pintadas esta semana. Neste caso caso, a vítima foi Coralia, concretamente as súas costas. Sobre o abrigo de cor amarela alguén realizou unha firma en forma de garabato.

O autor desta escultura, César Lombera, xa se puxo máns á obra para proceder a limpeza desta, aínda que terá que volver a pintar despois do seu borrado. 

En canto a alcaldía se deu conta de este acto (o martes pola tarde) de inmediato chamou a Lombera para proceder a seu mantemento. De paso, a alcaldesa en funcións, Mercedes Rosón, aproveitou para recordarlle que Maruxa tamén sufría dunha pintada na súa man desde o pasado mes de marzo.

O autor non é a primeira vez que restaura estas dúas de figuras, de feito, cando o fai, modifica as cores da súa vestimenta, pero sempre tendo en conta ás imaxes que se conservan delas, deste xeito en ningún momento se inventa os cores da roupa, simplemente vai escollendo fotografías e fíxase no vestuario.

Esta escultura é un homenaxe ás mulleres que se salvaron da represión franquista e a posterior guerra Civil. A historia das dúas irmáns ven brevemente explicada nun placa conmemorativa, que tamén foi "pintarraxeada" desde que foi colocada hai dous anos.

Comentarios