Unha nena morre en San Vicente de la Barquera tras unha indisposición na praia

Unha nena morre en San Vicente de la Barquera tras unha indisposición na praia
Imaxe de arquivo
Unha nena morre en San Vicente de la Barquera tras unha indisposición na praia

Unha nena de 8 anos morre na praia do Rosal, en San Vicente de la Barquera, en Cantabria.

O suceso aconteceu onte en torno ás 12:20 horas, cando unha muller achegouse á caseta dos socorristas para avisar de que unha pequena estaba sentíndose indisposta.

Os socorristas da praia atenderon á rapaza por uns supostos mareos e a continuación, os mesmos avisaron a unha ambulancia da Cruz Roja. Unha vez dentro da ambulancia, a rapaza entrou en parada cardio respiratoria durante o traslado e aínda que a moza chegou con vida ao hospital, os médicos non puderon facer nada para salvarlle a vida. Roja. 

Ata o lugar do posto dos socorristas desprazáronse 3 membros da Cruz Roja de Cantabria, ao ver á menor hiperventilando , "moi mareada" e con moito dor de cabeza decidiron trasladala de inmediato. Durante o traxecto, a meniña sufriu unha forte hemorraxia nasal ademais da parada cardiorespiratoria. 

A nena non era veciña de Cantabria, pero os seus avós, os cales se atopaban con ela cando sucedeu ceraneaban en San Vicente de la Baquera.


Comentarios