Medio cento de cativos participaron na sesión do programa Ler Conta Moito da Biblioteca de Boqueixón

Así, as situacións da vida cotiá que se representaron neste espectáculo buscan fomentar unha sociedade chea de respecto entre iguai

Medio cento de cativas e cativos participaron o venres nunha nova sesión do programa Ler Conta Moito, promovido pola Biblioteca Municipal do Concello de Boqueixón. Nesta ocasión, ofreceuse o espectáculo Xogo Revolto, de Marionetas Trécola. 

A través desta actuación e dunha historia do máis amena, Marionetas Trécola fomentou a educación emocional entre a cativada, libre de estereotipos e de violencia de xénero. Así, as situacións da vida cotiá que se representaron neste espectáculo buscan fomentar unha sociedade chea de respecto entre iguais.

Comentarios