Noia homenaxea aos tres taekwondistas do Club Maniotas que lograron medalla nos Campionatos de España

Noia homenaxea aos tres taekwondistas do Club Maniotas que lograron medalla nos Campionatos de España
Noia homenaxea aos tres taekwondistas do Club Maniotas que lograron medalla nos Campionatos de España

Salgado destacou o gran nivel que está amosando o taekwondo noiés nas distintas competicións

O Concello de Noia realizou o pasado venres unha homenaxe a Jesús Veiga, Adrián Salanova e Isaac Blanco, tres taekwondistas do Club Maniotas que lograron dúas medallas de prata e unha medalla de bronce nos Campionatos de España Cadete, Junior e Sub-21 de Taekwondo celebrados en Valladolid e nos que tomaron parte máis dun milleiro de deportistas.

Aproveitando a exhibición que o Club Maniotas realizou o venres na Alameda co gallo das Festas de San Bartolomeu, a concelleira de Deportes, Laura Salgado, fíxolles entrega dunha pulseira conmemorativa a Jesús Veiga (subcampión de España Sub-21), Adrián Salanova (subcampión de España Cadete) e Isaac Blanco (medalla de bronce junior).

Salgado destacou o gran nivel que está amosando o taekwondo noiés nas distintas competicións, salientando especialmente a actuación realizada no campionato nacional pois “estamos falando de que Noia conta con dous subcampións de España e un terceiro posto, o que demostra que se está a facer un gran traballo tanto por parte dos rapaces e rapazas como por parte dos seus adestradores”.

Comentarios