O BNG congratúlase que a Corporación aprobase a súa proposta para ter maiores garantías antes de recepcionar a EDAR de Ribeira

O BNG congratúlase que a Corporación aprobase a súa proposta para ter maiores garantías antes de recepcionar a EDAR de Ribeira
O BNG congratúlase que a Corporación aprobase a súa proposta para ter maiores garantías antes de recepcionar a EDAR de Ribeira

Os nacionalistas presentaran unha emenda que se aprobou cos únicos votos en contra do PBBI, para salvagardar os intereses da veciñanza

O pleno extraordinario celebrado na mañá do venres sacou adiante diversas propostas positivas para a poboación ribeirense mais, sen dúbida, unha das máis importantes era a xestión da Estación de Depuración de Augas Residuais (EDAR). 

Neste punto, o BNG congratúlase de ter sacado adiante unha proposta moi positiva para a veciñanza e que salvagarda os seus intereses mellorando as garantías que se deben tomar antes de recepcionar unha instalación que xera e xerou tantos problemas ambientais e sociais.

O concelleiro nacionalista, Luís Pérez Barral, fixo unha longa e detallada análise histórica e cronolóxica que explica as causas dos problemas que tivo a EDAR e achegou unha solución que é moi beneficiosa desde o punto de vista económico como social. A proposta do Bloque pasa por facer unha auditoría externa de toda a infraestrutura de depuración, alén da que faga a Xunta e a empresa, antes de que o Concello de Ribeira recepcione a obra. 

Ademais, para garantir unha correcta xestión, o BNG aposta por constituír unha empresa pública que pase a xestionar a EDAR e a partir de 2024 tamén colla o servizo de abastecemento e saneamento de augas. Os beneficios desta empresa voltarían ás arcas municipais podendo reinvestilo na rede ou en necesidades da poboación.

Comentarios