Padrón mira hoxe cara as estrelas do Camiño

Padrón mira hoxe cara as estrelas do Camiño
Padrón mira hoxe cara as estrelas do Camiño

As actividades continuarán en agosto e setembro con parada en concellos como Rianxo, Padrón, Ordes, Monforte de Lemos, Lalín ou Teo, entre outros

A Xunta, a través do programa O teu Xacobeo, impulsa este verán máis de 30 actividades gratuítas de divulgación astronómica en Galicia coa intención de levar a experiencia divulgativa e científica do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela aos concellos da ruta xacobea.

Con esta iniciativa os profesionais do Observatorio poñen en valor a secular relación da Astronomía co Camiño de Santiago. O proxecto está encamiñado a promover o importante patrimonio natural e cultural como é a Vía Láctea e impulsa o turismo astronómico. 

 As Estrelas do Camiño continuará durante o mes de agosto e setembro, tras un exitoso mes de xullo con varias actividades. As vindeiras accións previstas serán hoxe luns 26 en Padrón; o 27 de agosto en Ordes o 28 en Monforte de Lemos, o 29 de agosto en Lalín e o 30 de agosto en Alto da Agrela, no concello coruñés de Teo. As actividades comezarán ás 22,00 horas, agás en Teo, cando está prevista para as 21,30 horas.

No mes de setembro o calendario desta iniciativa continuará o día 4 en Ordes, o 5 de setembro no Pico Sacro, en Boqueixón; o 6 de setembro en Vedra, o 20 de setembro en Barbadás e Lalín. En todos os casos as actividades comezarán ás 21,30 agás en Barbadás e Lalín, que será ás 21,00 horas.

Comentarios
Lo más