Alumnos dos campamentos de conciliación visitan a exposición "Antoloxía Debuxada" no Centro Lustres Rivas

A responsable do Servizo de Normalización Lingüística, Alicia Padín, está a exercer de guía nesta mostra na que dous grupos de rapaces e rapazas pasaron pola instalación ao longo do venres

Alumnado participante nos campamentos de conciliación Verán Cultural que organiza o Concello de Ribeira visitou o pasado venres o Centro Cultural Lustres Rivas co obxecto de contemplar a exposición  “Antoloxía Debuxada II”, que reúne preto de corenta creacións de catro dos artistas locais máis nomeados do concello: Xerardo Crusat, Xoán Fernández, Antonio Pérez e Maralla

A responsable do Servizo de Normalización Lingüística, Alicia Padín, está a exercer de guía nesta mostra na que dous grupos de rapaces e rapazas pasaron pola instalación ao longo do venres.

A mostra pode ser visitada de xeito gratuíto ata o vindeiro 27 de agosto, de luns a vernes de 10 a 14 e de 19 a 21 horas e os sábados de 11 a 14 e de 19 a 21.

Comentarios
Lo más