Piden que se active os consellos de participación cidadá

Piden que se active os consellos de participación cidadá
Piden que se active os consellos de participación cidadá

A portavoz nacionalista Goretti Sanmartín, considera urxente a activación do Consello municipal de Educación para tratar o tema de comedores

Para o  grupo municipal do BNG de Santiago de Compostela é moi importante activar os Consellos de Participación Cidadá para que a veciñanza e colectivos se impliquen nas decisións de relevancia para Santiago de Compostela. 

En 1998, o Concello de Santiago aprobou un regulamento de participación cidadá e foio  BNG cando tiña responsabilidade de Goberno quen impulsou entre 1999 e o 2003 oito consellos de participación cidadá (relacións veciñais, económico e social, muller, mocidade, medio ambiente, normalización lingüística, educación e saúde), aos que entre 2003 e 2008 incorporou seis máis (servizos sociais, deportes, migración, cultura, centros socioculturais e maiores).  

Goretti Sanmartin xulga necesario o recoñecemento expreso dos dereitos da poboación e das entidades organizadas para a  cooperación coa institución municipal, para o desenvolvemento socioeconómico do territorio e a mellora das condicións de vida. 

A portavoz considera urxente a activación do Consello Municipal de Educación e Servizos Sociais, con numerosas actuacións que estes órganos podían informar, asesorar e contribuír facer máis transparente a xestión do Goberno local dada a problemática xerada nesas áreas específicas, tal como en educación o tema de “Comedores”. Por este motivo a concelleira e portavoz, Goretti Sanmartín, pídelle ao Goberno local que neste último trimestre de ano queden activados todos  os Consellos municipais de participación cidadá.

O Bloque Nacionalista de Santiago espera que non siga a falta de operación dos Consellos municipais, tal como sucedeu ao longo dos catro anos que gobernou o PP que só mantivo operativos o de relacións veciñais e o consello de servizos sociais, con carácter testemuñal ou que non sexa unha declaración de intencións como pasou ao longo do mandato de Compostela Aberta que puxo en funcionamento seis Consellos pero con moi poucas convocatorias de xuntanza.

Comentarios
Lo más