Xornada de transición neste sábado

Xornada de transición neste sábado
Xornada de transición neste sábado

En Compostela a temperatura mínima acadará os 13ºC e a máxima os 28ºC

O sábado Galicia queda nunha zona de transición entre altas e baixas presións, con ventos do noroeste. 

Así, comezaremos a xornada con brétemas costeiras e intervalos de nubes baixas no litoral. 

Co avance do día os ceos quedarán pouco anubrados ou despexados en xeral, con formación de nubes de evolución no interior.

As temperaturas sufrirán un descenso entre lixeiro e moderado. En Compostela a temperatura mínima acadará os 13ºC e a máxima os 28ºC.

Os ventos soprarán frouxos do noroeste.

Comentarios
Lo más