​A Asociación de Pacientes e Usuarios de CHUS afirman que o doutor Juanatey volve a "faltar a verdade"

​A Asociación de Pacientes e Usuarios de CHUS afirman que o doutor Juanatey volve a "faltar a verdade"
​A Asociación de Pacientes e Usuarios de CHUS afirman que o doutor Juanatey volve a "faltar a verdade"

Dende a asociación denuncian que o doutor Juanatey volve de novo a "faltar a verdade", como no caso das demoras en consultas

A Asociación de Pacientes e Usuarios de CHUS indican que as declaracións de Juanatey na que dicía que  “cardioloxía do CHUS consegue alta tecnoloxía a través de un proxecto de investigación acordado entre o SERGAS e a multinacional Medtronic” son falsas. 

Dende a asociación denuncian que o doutor Juanatey volve de novo a "faltar a verdade", como no caso das demoras en consultas. De acordo cos textos dos anexos aos convenios formalizados polo SERGAS ca multinacional de tecnoloxía sanitaria Medtronic Ibérica, S.A. para os servizos de cardioloxía de tres hospitais da comunidade autónoma aos que tivo acceso a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS é aseguran que é "rotundamente falso" que ditos convenios teñan como finalidade a realización dun proxecto de investigación. 

O denominado “marco operativo integral” que se pretende desenvolver cos citados convenios, non recolle en ningún dos seus apartados as accións que se deben executar para levar a cabo un proxecto de investigación e que require como elemento previo a formulación dunha hipótese. Ao longo do contido dos convenios non se define hipótese ningunha de traballo que deba ser verificada a través do desenvolvemento das actuacións que se van realizar e, polo tanto, o xefe do servizo de cardioloxía do CHUS minte de novo, xa que non estamos ante ningún proxecto de investigación", asegurande dende a asociación.

En realidade, baixo a fórmula de convenio, encubriuse unha estratexia global da multinacional hacia a cardioloxía do SERGAS e unha relación de carácter contractual ca finalidade de saltarse todas os procedementos, controis e normas de publicidade e competencia que a lei esixe para a contratación de servizos de mellora, seguimento e supervisión dos servizos clínicos e garantir así a Medtronic como socio preferente. 

A contraprestación que ofrece Medtronic ao SERGAS é a cesión en uso de equipos de radiodiagnóstico, exclusivamente destinadas para o servizo de cardioloxía e afectados aos obxectivos da multinacional, debendo correr a dotación do persoal e o pago dos consumos por conta da facenda pública. É dicir por conta de todos os pacientes e usuarios, incluso de aqueles que levamos meses ou anos agardando recibir atención sanitaria.

"O señor Juanatey pretende forxarse unha imaxe de protector dos pacientes a costa de colaborar na privatización de forma éticamente inaceptable dos recursos públicos e facer un uso patrimonializado e exclusivo dos mesmos sen ter en conta outras necesidades mais aló das do seu servicio. Para acadar este obxectivo non ten reparo algún en mentir públicamente a todos os pacientes e usuarios, romper o principio de equidade no acceso a sanidade, e crear un ámbito de discriminación e trato desigual por razón da doenza a través do o uso exclusivo duns equipos que deben poñerse a disposición da demanda conxunta desta área sanitaria para de verdade “acortar listas de espera en probas radiolóxicas” e non o que tenta vender na prensa", rematan dende a Asociación de Usuarios e Pacientes do CHUS

Comentarios
Lo más