Os veciños do bebé maltratado de Lugo non dan crédito

Os veciños do bebé maltratado de Lugo non dan crédito
Twitter @vozlugo
Os veciños do bebé maltratado de Lugo non dan crédito

O Concello de Lugo tivo que contratar a 3 empresas para poder limpar o piso onde o meniño vivía

O bebé, o cal vivía rodeado dunha tonelada e media de lixo no número 23 da rúa Irmáns Carro, atópase ingresado no hospital de Lugo en estado grave dadas as feridas ocasionadas presuntamente polos seus proxenitores. 

Según relatan os veciños do edificio, o neno choraba máis que un bebé normal, pero non lle daban importancia. O cheiro que desprendían os pais e o piso era nauseabundo, de feito chegaron a utilizar colonia cada vez que collían o ascensor, deste xeito camuflaban o ulor a "esterco". Pese esto, os veciños nunca decidiron alertar as autoridades, simplemente deixábanos estar, aínda que afirman que era xente moi rara que non lle gustaba relacionarse, pero en ningún momento imaxinaban tal cousa.

Foron os propios pais os que tomaron a decisión de acudir a un centro médico, pero unha vez alí, o que equipo sanitario comprobou que presentaba signos evidentes de malos tratos por todo o corpo e de inmediato activaron o protocolo para este tipo de casos. 

Unha vez se atope máis estable, o bebé será trasladado ao Hospital de la Paz de Madrid para ser intervido quirurxicamente por un desprendemento de retina.

O Concello de Lugo fíxose cargo da limpeza do piso, pero o persoal de saneamento aseguraba que nunca viran unha cousa semellante, relatan que tiñan medo de atopar animais mortos, ou quedar atrapados no propio lixo. De feito, para levar a cabo a limpeza e desinfección do lugar tiveron que contratar a 3 empresas que traballaron arreo durante 3 días. De momento, aínda non se coñecen os gastos que orixinou a limpeza deste piso, pero o Concello adiantou que, en colaboración cos servicios sociais reclamaralle os gastos á parella do bebé.


Comentarios
Lo más