A folga dos traballadores de Iberia provoca 6 voos cancelados en Galicia

A folga dos traballadores de Iberia provoca 6 voos cancelados en Galicia
Imaxe de Arquivo
A folga dos traballadores de Iberia provoca 6 voos cancelados en Galicia

Os voos que conectan Barcelona con Santiago de Compostela e a cidade hercúlina veránse afectados polas folgas

A folga indefinida dos vixiantes de seguridade máis a folga do persoal de terra de Iberia fai máis que complicada a xestión do aeroporto do Prat e os seus respectivos voos. Non obstante, non está habendo maiores complicacións que as previstas nas respectivas terminais. 

De todas maneiras, algúns dos voos sufren cancelacións, en relación a Galicia, o persoal de terra de Iberia do Prat causou a cancelación de dous enlaces previsto para este sábado, os de Vueling terían que unir Barcelona e A Coruña ás 14:55 e as 17:20, pero non se vai efectuar dita saída.

Ademais, este domingo cancelarnase os enlaces entre Barcelona e A Coruña, de ida e volta, das 6:50 horas e as 9:15 horas e tamén os que unen Lavacolla co aeroporto de Barcelona ás 18:55 e 21:25 horas


Comentarios