Un avión Madrid-Ecuador vese obrigado a parar en Lavacolla por mor dun pasaxeiro enfermo

Un avión Madrid-Ecuador vese obrigado a parar en Lavacolla por mor dun pasaxeiro enfermo
Twitter @controladores
Un avión Madrid-Ecuador vese obrigado a parar en Lavacolla por mor dun pasaxeiro enfermo

O home padecía un problema renal e non se tomara o tratamento correspondente

Un avión despegaba esta mañá desde o aeroporto de Madrid con rumbo Quito (Ecuador) cando se veu obrigado a modificar a súa ruta e tomar terra no aeroporto de Lavacolla, en Santiago de Compostela. 

A aeronova de Iberia (Airbus A340-642) veuse forzada a correxir o rumbo ás 2 horas do despegue. Unha vez no medio do oceáno Atlántico, unha persoa comeza a manifestar ás doenzas á altura dos riles. A bordo atopábanse 3 médicos os cales predeciron que non chegaría ao seu destino con vida senón recibía atención médica adecuada. O viaxeiro admitiu que non estaba tomando a medicación necesaria para tratar a súa enfermidade, e esto provocou dar media volta cara o aeroporto máis preto a súa localización.

Ao tratarse dun voo transoceánico o avión tiña unha gran cantidade de combustible, con tal cantidade é moi perigoso aterrar, polo tanto, o piloto tivo que descender o avión a moi pouco velocidade para queimar todo o queroseno posible antes de tocar chan.

Case nunca é nada importante e o voo pode seguir o seu curso con normalidade, pero nalgunha ocasión o piloto vese obrigado a desprazarse ata o aeroporto máis cercano, como foi este caso.

É  moi raro que un avión teña que dar volta xa que resulta extraño que non se atope ningún medico no avión no momento que haxa unha complicación, de feito, o avión conta con dous kits de emerxias, un para os primeiros auxilios e outro para problemas máis raros, este último só pode ser aberto polo médicos acreditados que se atopen no aeroplano, incluso contan cun desfibrilador para calquera emerxencia. E por eso, polo que o 99% dos contratempos poden subsanarse no propio avión.

Comentarios