Descenden as temperaturas

Descenden as temperaturas
Meteogalicia
Descenden as temperaturas

A temperatura mínima será de 16º mentres que as máximas de 24


En Galicia, o domingo teremos unha situación na que se combinarán a influencia anticiclónica coa presencia de aire frío en altura, ademáis da entrada dos restos dunha fronte. Así, agárdase unha mañá con nubes altas en xeral, néboas no interior e nubes baixas no litoral da Coruña e unha tarde con nubes de evolución na metade leste que poderían deixar algún chuvasco tormentoso, máis probable nas áreas de montaña. As temperaturas mínimas non presentan cambios mentres que as máximas disminuirán un pouco.

En Santiago, o domingo atóparemonos con ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados. En canto ás temperaturas, serán altas para as mínimas e normais para as máximas respeto ó agardado para este período, con valores que en xeral se manterán sen cambios a pesar de que oscilarán.
No referido ó estado da calidade do aire, agárdase que cambie a admisible. 


Comentarios