Aforo completo na ofrenda da Virxe de Lourdes na ermida de San Xoanciño

Aforo completo na ofrenda da Virxe de Lourdes na ermida de San Xoanciño
Imaxe de arquivo
Aforo completo na ofrenda da Virxe de Lourdes na ermida de San Xoanciño

A misa comezou a 13:00 horas do mediodía, pero a esa hora xa era imposible asistir á ceremonia

Este domingo, na capela de San Xoanciño de Pousada, en Ames tivo lugar a súa tradicional ofrenda á Virxe de Lourdes. Trátase dunha ofrenda floral nas inmediacións da ermida. Comeza aos pes da igrexa e continua todo por unha costa ata darlle a volta ao cruceiros que está diante da mesma. Todas elas estaban elaboradas por membros da Asociación Cultural de San Xoanciño de Pousada maís a xuda da veciñanza e o concello de Ames.

A misa empezou a 13:00, pero a esa hora resultaba imposible entrar debido ás pequenas dimensións da capela e a afluencia de xente que tivo este evento. Relatan veciños que se quedaron fóra, que lles foi imposible entrar e iso que chegaran puntuais. Cabe destacar que esta tradición só leva 10 anos vixente

A misa estaba acompañada do coro parroquial de Ames e Piñeiro e fóra atopábase a Asociación Cultural Os Castros, un grupo de música tradicional galego que lle daban un toque músical ao rematar a ceremonia.

En canto ao conxunto de alfombras florais, estará formado por un tapiz principal de máis de 60 metros e dous máis pequenos colocados no soportal da capela e precedendo á alfombra central. Ao igual que en anos anteriores, a composición é elaborada partindo dun deseño a tamaño real realizado por frai Luís de Oseira. Entre os materiais que se empregan para a súa elaboración destacan a sal, café, tulla, restos de serraduras, varios tipos de flores e terra para perfilar.

Os traballadores que se encargaron do tapiz comezaron con máis dunha semana de antelación, para a preparación dos materiais que utilizan. Nos traballos de elaboración das alfombras, no exterior da capela, participan máis de 25 persoas de varios lugares do municipio.

Comentarios