Localizan un artefacto explosivo nunha praia de Barcelona

Localizan un artefacto explosivo nunha praia de Barcelona
ayuntament.barcelona.cat
Localizan un artefacto explosivo nunha praia de Barcelona

De maneira casual, un membro do Grupo Especiales de Actividades Subacuáticas da Garda Civil localizou este suposto explosivo 


Ante a presenza dun posible artefacto explosivo na praia de Sant Sebastià, en Barcelona. A garda Urbana veuse obrigada a desaloxar aos bañista que estaban gozando dunha estupenda mañá ó sol. O suposto artefacto localizábase dentro da auga a un 40 metros da costa.

Según informou a Garda Civil, o artefacto foi descuerto casualmente por un membro do Grupo Especiales de Actividades Subacuáticas (GEAS) mentres se mergullaba esta mañá na auga.

Unha vez desaloxado o areal a unidade de artificieiros da Garda Civil desprazouse á praia para desactivar o artiluxio. De momento, aínda non se coñece máis información, pero todo a punta que podería ser un explosivo da Guerra Civil que quedou sen liberar a súa carga. 

Como é normal, as forzas policiais tiveron que facer un perímetro de seguridade na zona, ante a avalancha de curiosos turistas que querían coñecer que era o que estaba sucedendo.


Comentarios