¿Debería poder subir o carro do bebé ao autobús?

¿Debería poder subir o carro do bebé ao autobús?
bng.gal
¿Debería poder subir o carro do bebé ao autobús?

A polémica xurde das persoas que necesitan meter o carriño do bebé no bus e a empresa e algún conductor non llo permite

Algúns dos conductores dos buses metropolitanos de Santiago de Compostela non permiten subir os carriñoos dos bebés ao non ser que vaia pregado. Os viaxeiros que necesitan desprazarse en transporte público están fartos de que dependa do conductor que lles toque para permitir o paso do carriño. 

A liña que orixina estes incidentes é a que comunica Santiago con Ames. Pese que a decisión é plenamente do conductor do autoús, a empresa dos Autobuses de Calo, Hedegasa, afirman que calquera persoa pode entrar co carrito, pero é obrigatorio que este se atope pregado unha vez dentro durante  todo o traxecto para non entorpecer o acceso e a saída doutros usuarios. Por unha parte algo bastante razoable, pero se unha persoa que necesita coller o bus e ten un bebé e aínda por riba non está acompañada, convertise nunca auténtica odisea pregar o carriño mentres se manten ao cativo no colo e págase ao conductor.

De todas maneiras, a empresa dos Autobuses de Calo non é a primeira vez que é protagonista dunha polémica, anos atrás, Nélida Pisco, foi despedida despois do nacemento do seu fillo ao solicitar unha reducción de xornada (ao final os tribunais déronlle a razón, por despido improcedente). Pero no 2017, a empresa de buses pediulle á DXT que suspendera a licenza de conducir, pero o Tribunal Superior de Xustiza ratificou a sentencia e agora, Autobusesde Calo vese obrigado a indemnizar á muller con 10.000 euros, aínda que este non é o único caso.

Os viaxeiros que adoitan coller o bus nestas condicións non comparten a política da empresa e aseguran que os nenos van máis seguros no carrito que no regazo. Admiten que a culpa non é dos conductores, xa que eles fan o que lles mandan e creen oportuno que a Xunta de Galicia regularice esta situación. O colectivo tamén denuncia a falta de cooperación cidadá entre os ocupantes do vehículo. Consideran que os viaxantes necesitan ser máis comprensivos. Se unha persoa necesita axuda para meter o carro ou suxeitar ao bebé, non entenden como non a prestan de primeiras. Aínda que hai diferentes opinións ao respecto, xa que algúns usuarios tamén consideran perigoso que o carriño vaia solto polo bus.


Comentarios