A salvo dous mozos con dificultades para alcanzar a beira na Praia do Dique, en Porto do Son

A salvo dous mozos con dificultades para alcanzar a beira na Praia do Dique, en Porto do Son
A salvo dous mozos con dificultades para alcanzar a beira na Praia do Dique, en Porto do Son

Coa axuda doutras persoas que estaban pola zona, os rapaces puideron alcanzar a beira e rexeitaron a asistencia médica

Dous mozos logran saír da auga grazas á axuda doutros bañistas que acudiron a socorrelos.

Sucedeu pasadas as seis da tarde de onte na Praia do Dique, tal e como relataron varias persoas que chamaron ao 112 Galicia para pedir medios de rescate.

Así, estaba a piques de despegar un helicóptero de Salvamento Marítimo cando a mesma persoa que alertou a través do 112 confirmou que os mozos estaban a salvo e en bo estado de saúde. Coa axuda doutras persoas que estaban pola zona, os rapaces puideron alcanzar a beira e rexeitaron a asistencia médica.

No obstante, para colaborar coas tarefas de rescate, desde o 112 Galicia, solicitouse a intervención dos voluntarios de Protección Civil da localidade e dos axentes da Policía Local.

Comentarios