Controlan as zonas de captación do Río Eo ao producirse un vertido de xurro procedente dunha explotación gandeira en Asturias

Segundo os últimos datos facilitados ao 112 Galicia, o vertido non afecta á captación de auga do Eo, xa que este punto atópase máis arriba da desembocadura do Ouria no Eo

Os servizos de emerxencias vixían as zonas de captación do Río Eo tras producirse un vertido de xurro procedente dunha explotación gandeira en zona asturiana que podería chegar a Galicia a través do Río Ouria e o seu enlace co Eo.

Tras recibir a alerta a través do 112 Asturias, desde o 112 Galicia puxéronse os feitos en coñecemento dos concellos de Ribadeo e Trabada para que manteñan os controis necesarios nas zonas de captación do río. Así, contan coa colaboración dos membros do GES da Pontenova, Protección Civil, Policía Local de Ribadeo, Guardia Civil, técnicos da Confederación Hidrográfica do Cantábrico e do Servizo de Gardacostas de Galicia.

Segundo os últimos datos facilitados ao 112 Galicia, o vertido non afecta á captación de auga do Eo, xa que este punto atópase máis arriba da desembocadura do Ouria no Eo. Do mesmo xeito, manteñen activas todas as medidas preventivas para controlar calquera indicio da chegada da mancha.

Comentarios