As Escolas de fútbol sala Trasgos organizan unhas xornadas de portas abertas do 4 a 27 de setembro

As Escolas de fútbol sala Trasgos organizan unhas xornadas de portas abertas do 4 a 27 de setembro
As Escolas de fútbol sala Trasgos organizan unhas xornadas de portas abertas do 4 a 27 de setembro

Esta iniciativa consiste en abrir os adestramentos a todos aqueles rapaces, nados de 2006 ao 2015, que queiran ir probar se lles gusta a práctica do fútbol sala

As Escolas de fútbol sala Trasgos van desenvolver unhas xornadas de portas abertas de fútbol sala masculino co obxectivo de captar nenos interesados en pasar a formar parte deste club amesán. Esta iniciativa consiste en abrir os adestramentos a todos aqueles rapaces, nados de 2006 ao 2015, que queiran ir probar se lles gusta a práctica do fútbol sala. Poderán acudir ao pavillón do Milladoiro, os mércores de 18.30 a 19.30 horas, e ao pavillón de Bertamiráns, os venres de 18.00 a 19.00 horas. Estas xornadas realizaranse do 4 ao 27 de setembro.

As Escolas de fútbol sala Trasgos abren, un ano máis, os seus adestramentos a todos aqueles nenos interesados en ver o traballo dos xogadores do equipo amesá dende dentro. Esta iniciativa está aberta aos nenos nados de 2006 a 2015. Poderán acudir ao pavillón do Milladoiro, os mércores de 18.30 a 19.30 horas, e ao pavillón de Bertamiráns, os venres de 18.00 a 19.00 horas. Estas xornadas realizaranse do 4 ao 27 de setembro. 

Esta iniciativa, que non require inscrición previa, consiste en abrir os adestramentos a todos aqueles rapaces que desexen acudir a practicar fútbol sala, co obxectivo de captar nenos que se integren neste club amesán. Trátase dunha actividade que é de balde e sen compromiso de continuar unha vez rematen as xornadas de portas abertas. 

Comentarios
Lo más