Preséntanse quince ofertas para as obras de reposición do pavimento na rúa do Canal e no camiño de Ameixida

O orzamento deste proxecto ascende a un total de 48.881 euros e o seu prazo de execución son dous meses

O Concello de Riveira informa de que un total de quince ofertas foron presentadas á actuación consistente na reposición do pavimento asfáltico na rúa do Canal e no camiño entre Ameixida e Os Paramos, ambas vías situadas na parroquia de Castiñeiras.

Os dous viales presentan un firme en aglomerado asfáltico bastante deteriorado en certos tramos, razón pola cal se persegue a súa mellora a través dunha nova capa de aglomerado asfáltico en quente de 6 centímetros de espesor, previa limpeza das súas marxes.

O orzamento deste proxecto ascende a un total de 48.881 euros e o seu prazo de execución son dous meses. Está financiado polo POS provincial.

Comentarios