Continúa estable o menor de Lugo hospitalizado polos malos tratos dos pais

Continúa estable o menor de Lugo hospitalizado polos malos tratos dos pais
Continúa estable o menor de Lugo hospitalizado polos malos tratos dos pais

O pequeno está en Madrid á espera de se lle debe operar dun desprendemento de retina

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, confirmou que o bebé de dous meses hospitalizado por un presunto caso de malos tratos a mans dos seus proxenitores continúa en situación “estable” no Hospital Universitario La Paz de Madrid.

Balseiro sinalou así mesmo que o menor foi trasladado o sábado ao devandito centro médico, co obxectivo de que se lle realizasen probas previas a unha previsible operación oftalmolóxica provocada por un desprendemento de retina.

Tamén indicou que o bebé “segue hospitalizado nunha situación estable dentro do estado delicado de saúde que presenta”.

O delegado destacou que durante o traslado o neno “estivo acompañado por persoal do SERGAS” e, xa en Madrid, “está con coidadores profesionais as 24 horas do día”.

Así mesmo, o pequeno estivo “en contacto permanente co servizo de menores da Xunta que ten a súa tutela, garda e custodia”, indicou.

Con respecto a unha posible acollida familiar do bebé, o delegado da Xunta advertiu que “durante a fin de semana non houbo contacto por parte de ningún familiar”.

Acerca da situación dos seus proxenitores, sobre os que pesa unha orde de afastamento, Balseiro limitouse a lembrar que “se trata dun tema que afecta a un menor, baixo supervisión xudicial, polo que "temos que ser extremadamente reservados”".

Comentarios
Lo más