O drama do Xacobeo 2021, escasean os pisos de aluguer e os prezos soben

O drama do Xacobeo 2021, escasean os pisos de aluguer e os prezos soben
Imaxe de arquivo
O drama do Xacobeo 2021, escasean os pisos de aluguer e os prezos soben

Moitos estudantes vense obrigados a alugar pisos ás aforas de Santiago ou directamente noutro Concello 

Os pisos de aluguer para estudantes está deixando serios problemas na capital galega. Poucas semanas antes de que comece o curso universitario, moitos mozos e mozas vense na situación de ter que escoller un piso ás aforas de Santiago ou incluso noutro Concello pola escasa oferta que hai. Según os datos da Federación Galega de Empresa Inmobiliarias, tan só había 290 pisos valeiros pendentes de arrendamento a mediados deste mes (agora serán menos), que se os comparamos cas dúas grandes cidades galegas, Vigo ten o dobre de pisos por estas datas e Coruña conta cunha bolsa dun 66% máis, após de que as vivendas tamén comezan a escasear. 

A explicación de que esta bolsa de pisos, que a priori están enfocados para os estudantes, vaia minguando ano tras ano é que os propietarios teñan unha saída máis rentable e menos traballosa. O aluguer de pisos na temporada estival ou durante o resto do ano en plataformas como Airbnb deixa moitos máis ingresos para os arrendatarios, de feito, un particular pode obter máis ingresos por alugar a súa casa durante unha semana que un mes a unha familia ou estudantes. Dado que o Xacobeo 2021 está cada vez máis próximo e o goberno local aínda non ten un plan definido para regular estas vivendas, os prezos seguirán aumentando en proporción ca súa demanda.

A meirande parte dos estudantes galegos que comezan ou proseguen os seus estudos xa están ubicados, pero hai que ter en conta que nos vindeiros días chegarán centos de estudantes doutros países que se acollen ó programa Erasmus en busca de pisos que alugar e terán que ser ubicados en maior medida como en anos anteirores a núcleos como Milladoiro, Bertamiráns, etc. En consecuencia da subida dos prezos nun 4% no útimo trimestre.

Comentarios
Lo más