Atopan o corpo sen vida dun home en Cambre

Atopan o corpo sen vida dun home en Cambre
Atopan o corpo sen vida dun home en Cambre

O 112 Galicia tivo constancia do achado ao fío das 11:15 horas

O cadáver dun home foi recuperado esta mañá en Cambre, concretamente na presa de Cecebre. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, foron os membros do Servizo Municipal de Protección Civil os que retiraron da auga o corpo sen vida do varón.

O 112 Galicia tivo constancia do achado ao fío das 11:15 horas, a través de Emerxencias Cambre.

Acto seguido, os xestores do 112 Galicia pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Policía Local e á Garda Civil.

Ademais, desde o CIAE 112 Galicia informouse do ocorrido aos Bombeiros de Arteixo.

Arestora, as forzas da orde tratan de esclarecer as circunstancias do suceso.

Comentarios
Lo más