Unha muller é rescatada en helicóptero ao caer a auga mentres pescaba en Muxía

Unha muller é rescatada en helicóptero ao caer a auga mentres pescaba en Muxía
Imaxe de arquivo
Unha muller é rescatada en helicóptero ao caer a auga mentres pescaba en Muxía

O suceso aconteceu pouco antes das 10:00 horas no Cabo de Buitra

Tres persoas precisaron dos servizos de emerxencia na mañá de hoxe despois de precipitarse á auga. O trío estaba pescando na zona do Cabo de Buitra, en Muxía cando caeron ao mar. 

Tras esvarar nunha pedra, un destes tres pescadores deportivos caeu ó mar e os outros dous tentaron sacalo da auga o máis áxiña posible, ca terrible consecuencia de que a muller no seu intento por rescatar ó seu amigo precipitouse ao mar batendo contra pedras e sendo arrastrada 200 metros dende o lugar onde se precipitou.

Os dous chicos, naturais de Vimianzo lograron saír da auga, pero unha tarea imposible para a muller, que se atopaba demasido lonxe dos seus amigos. No momento que estaba a salvo o primeiro home que foi rescatado, alertaron ao 112 Galicia. 

Estes, de maneira inmediata, puxeron en marcha un operativo que contou coa colaboración dos mebros de Salvamento Marítimo, os cales foron os encargados de movilizar a aeronave ante a dificil situación de rescatar á persoa dunha maneira que non puxera en risco as súas vidas. 

Unha vez rescatada e trasladada ata o aeroporto de Alvedro foi levada ata o Chuac nunha ambulancia para curar as múltiples feridas que tiña nas costas, brazos e pernas, ademais  dos síntomas de hipotermias que estaba padecendo despois de saír da auga. 

Ata o lugar acudiron os axentes da Garda Civil, Policía Local e efectivos de Protección Civil ademais do equipo de Gardacostas de Galicia e o 061.

Comentarios
Lo más