Ferido un traballador dunha nave industrial de Vedra ao ser golpeado por un bidón que nese momento soldaba

Sucedeu no lugar do Castro, ao fío das 11:10 horas

Un traballador dunha nave industrial de Vedra resultou ferido esta mañá ao ser golpeado por un bidón mentres realizaba labores de soldadura no propio recipiente. 

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, os feitos producíronse nun taller de reparación situado no interior do recinto.

Sucedeu no lugar do Castro, ao fío das 11:10 horas.

Foi unha persoa particular quen alertou ao 112 Galicia do ocorrido e, nada máis ter constancia, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil, dos Bombeiros de Ordes e de Santiago e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vedra.

Comentarios