Continúa o bo tempo na cidade

Continúa o bo tempo na cidade
Continúa o bo tempo na cidade

En Compostela a temperatura mínima acadará os 18ºC e a máxima chegará aos 28ºC

As altas presións localizaranse ao norte da península Ibérica, achegando estabilidade e aire cálido desde o sur. 

Deste xeito a xornada comezará con algunhas nubes baixas e néboas, que irán retrocedendo para deixar unha tarde co ceo moi aberto. 

As temperaturas experimentarán un moderado ascenso, o que provocará sensación de calor pola tarde. En Compostela a temperatura mínima acadará os 18ºC e a máxima chegará aos 29ºC.

Os ventos soprarán frouxos de compoñente norte.

Comentarios