Novo ferido por envorcar o tractor que manexaba

Novo ferido por envorcar o tractor que manexaba
Novo ferido por envorcar o tractor que manexaba

O condutor do tractor tivo que ser trasladado ao centro hospitalario

O condutor dun tractor resultou ferido este xoves tras sufrir un accidente no que o vehículo agrícola envorcou.

Segundo informou o 112 Galicia, os feitos ocorreron sobre as 11:00 horas da mañá de onte na rúa Traslagar e o ferido tivo que ser liberado polos bombeiros ao quedar atrapado baixo o vehículo.

O servizo de emerxencias recibiu o aviso por parte de Urxencias Sanitarias e tamén dun particular que alertaba de que a persoa podía estar atrapada.

Deste xeito, desde o 112 pasaron o aviso aos Bombeiros de Arteixo, á Policía Local, á Garda Civil e a Protección Civil.

Finalmente, o condutor do tractor tivo que ser trasladado ao centro hospitalario.

Comentarios