Deteñen a un matrimonio de Monforte de Lemos por ter unha plantación de marihuana

Deteñen a un matrimonio de Monforte de Lemos por ter unha plantación de marihuana
Foto de arquivo
Deteñen a un matrimonio de Monforte de Lemos por ter unha plantación de marihuana

A zona de plantación contaba con varios focos de alta potencia que fornecían luz mesmo en horario diúrno.

A Policía Nacional procedeu á detención de dúas persoas por un delito contra a saúde pública na localidade lucense de Monforte de Lemos, en concreto un home de 49 anos e a súa muller de 45 anos que cultivaban marihuana na súa vivenda.

Segundo informaron os axentes, este mércores procedeuse a un rexistro xudicial autorizado polo Xulgado de Instrución Nº1 en funcións de Garda de Monforte de Lemos, no domicilio do matrimonio, situado na zona de As Lamas.

Durante o rexistro realizado interviñéronse na zona do terreo da vivenda oito plantas de marihuana duns dous metros de altura e outras cinco plantas de menor tamaño.

Así mesmo, atopáronse outras plantas no interior dun alpendre que utilizaban como "secadero", con maquinaria específica para tal fin, así como varias plantas "cogollos" xa secas e preparadas para a súa distribución.

A zona de plantación contaba con varios focos de alta potencia que fornecían luz mesmo en horario diúrno.

Interviñéronse tamén diversos útiles para a venda, embalaxe e distribución de substáncias estupefacientes, así como dúas básculas de precisión, un vehículo e catro teléfonos móbiles.

Na súa totalidade, a plantación arroxou un peso bruto aproximado duns 60 quilogramos.

O home detido actuaba contactando previamente cos compradores por teléfono, para posteriormente trasladarse co seu vehículo ao momento fixado, no cal realizaba o intercambio entre droga e diñeiro cos clientes, entre os que se atopaban varios menores de idade.

Ambos os detidos tiñan antecedentes penais, no caso do home ata en dez ocasiones nos últimos tempos. Os dous foron postos a disposición xudicial, decretándose en ambos os casos a posta en liberdade con cargos. O operativo policial foi levado a cabo pola Comisaría de Monforte de Lemos.

Comentarios
Lo más