Aduxicada a renovación da cuberta do pavillón polideportivo de Sirves, en Olveira

Aduxicada a renovación da cuberta do pavillón polideportivo de Sirves, en Olveira
Aduxicada a renovación da cuberta do pavillón polideportivo de Sirves, en Olveira

O prazo de execución ascende a un mes e medio

O Concello de Ribeira informa da adxudicación con carácter provisional da actuación destinada á renovación da cuberta do pavillón polideportivo de Sirves, situado na parroquia de Olveira.

A empresa que resultou mellor clasificada foi Marqués de Marancán, S.L. (había doce ofertas presentadas) e a obra comporta un investimento de 42.342 euros, IVE incluído, estando cofinanciada pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, ao abeiro da orde do 18 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para a creación e/ou mellora de infraestruturas, dotacións, instalación e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas aos concellos de Galicia para o ano 2019.

Conforme ao proxecto técnico elaborado polos servizos do Concello, o pavillón ten en liñas xerais un bo estado de conservación pero rexistra episódicos problemas de filtracións de auga de chuvia que deixan en ocasións a pista impracticable. Por tal motivo, o Concello pretende renovar a cuberta realizando as actuacións seguintes:

- Desmontaxe da actual cuberta previa instalación dos elementos de seguridade

- Montaxe dunha nova cuberta a base de panel sandwich nervado, de 30 milímetros de espesor, formado por dúas chapas de aceiro prelacado con illamento entre ambas de espuma de poliuretano ríxido.

- Remate da cuberta

- Subministro e colocación de canalón na fachada principal

- Apertura de ocos na fachada norte e colocación de fiestras.

Comentarios
Lo más