Máis de 150 bailaríns celebran en Ribeira o festival Salsa na Rúa

Máis de 150 bailaríns celebran en Ribeira o festival Salsa na Rúa
Máis de 150 bailaríns celebran en Ribeira o festival Salsa na Rúa

O calendario de eventos constará de diversas accións repartidas entre a rúa Alcalá Galiano, a praza da Porta do Sol, o paseo do Malecón e a propia sede da escola do baile

O festival Salsa na Rúa alcanza a súa décima edición este sábado 31 de agosto e, con tal motivo, máis de 150 persoas encherán de música e baile a cidade con diversos espectáculos.

A concelleira de Cultura, María Sampedro, xunto ao promotor do evento, Orlando González Cruz, responsable da escola El Tomasón e da asociación Haveira, presentaron esta semana o programa nun acto que contou tamén coa asistencia doutros membros da citada escola: Saray Boo, Denis Piñeiro, Abdi Santiago e Félix Verdes.

Xa o sábado, o calendario de eventos constará de diversas accións repartidas entre a rúa Alcalá Galiano, a praza da Porta do Sol, o paseo do Malecón e a propia sede da escola do baile, con ritmos como a bachata, a salsa cubana, a semba, a kizomba ou o zouk.

Comentarios
Lo más