Duncan de Palleiro provoca numerosas risas entre pequenos e maiores do Pino

Duncan de Palleiro provoca numerosas risas entre pequenos e maiores do Pino
Duncan de Palleiro provoca numerosas risas entre pequenos e maiores do Pino

O espectáculo de Lila Teatro celebrouse onte na piscina municipal con preto de cen persoas entre o público

As aventuras e desventuras de ‘Duncan de Palleiro’, un can dunha raza moi especial, e o seu amigo Antonio, fixeron rir o xoves a pequenos e maiores na piscina municipal de O Pino durante a representación que Lila Teatro fixo dentro da programación de verán que organiza o Concello.

‘Duncan de Palleiro’ pertence a unha das razas máis emblemáticas de Galicia, a de palleiro, e o xoves foilles contando aos nenos de O Pino o seu día a día e como vivía con outros animais xunto co seu amo. Ao longo do espectáculo, ‘Duncan de Palleiro’ foilles contando a nenos e maiores o seu día a día e a relación que tiña cun amigo especial, que non apareceu no espectáculo ata a segunda parte do mesmo, ‘Antonio’. Entre os dous fixeron participar ao público e provocaron numerosas risas, case tantas entre os maiores como entre a cativada.

Unha hora divertida que rematou cunha adaptación moi especial da carapuchiña vermella. Ao final, os preto de cen asistentes ao espectáculo premiaron a representación cunha grande ovación, e foron moitos os nenos e nenas que se quixeron facer unha foto con ‘Duncan de Palleiro’ e o seu amigo Antonio.

Comentarios