Clausurado o curso de monitor de fútbol base celebrado en Palmeira

Clausurado o curso de monitor de fútbol base celebrado en Palmeira
Clausurado o curso de monitor de fútbol base celebrado en Palmeira

Tras 65 horas lectivas distribuídas en 5 semanas, os asistentes recolleron o seu diploma nun acto que contou coa presenza da concelleira de Deportes, Juana Brión

O multiusos de Palmeira viviu na noite do luns o acto de clausura do curso de monitor de fútbol base organizado pola Escola Galega de Adestradores, no que participaron un total de quince alumnos e que foi organizado coa fin de facilitar que persoas da nosa contorna puidesen obter esta titulación, paso previo á adquisición do título de técnico deportivo de fútbol nivel 1.

Así, tras 65 horas lectivas distribuídas en 5 semanas, os asistentes recolleron o seu diploma nun acto que contou coa presenza da concelleira de Deportes, Juana Brión, e do director da Escola Galega de Adestradores, Iván Cancela.

Cómpre lembrar que o Carreira C.F. foi o indutor de que este verán puidese ter lugar esta iniciativa formativa no mundo do fútbol.

Comentarios
Lo más