Sanidade informa das medidas adoptadas por botulismo na fábrica de FRINSA, en Ribeira

Sanidade informa das medidas adoptadas por botulismo na fábrica de FRINSA, en Ribeira
Sanidade informa das medidas adoptadas por botulismo na fábrica de FRINSA, en Ribeira

Non detectándose ningunha anomalía no proceso de tratamento para as conservas. Así mesmo, identificouse que todo o produto implicado foi subministrado á antedita empresa distribuidora, non existindo máis existencias fóra dese distribuidor

A Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN) trasladou, o pasado día 12, a través do Sistema Coordinado de Intercambio Rápido de Información (SCIRI) ás comunidades autónomas de Asturias, Castela-León, Madrid e Galicia, unha alerta ante a sospeita de catro casos de botulismo por unha posible intoxicación alimentaria, despois dunha comida familiar no que o menú incluía ensaladilla. 

Os casos detectáronse en Castela-León e os pacientes foron ingresados no Complexo Asistencial de Salamanca e de Zamora. Requiriuse á empresa distribuidora (DIA) a retirada do lote ao que pertence o producto identificado, quen se comprometeu e procedeu á retirada do mesmo de forma inmediata.

Logo da notificación por parte da AESAN, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade comezou, con carácter inmediato, a recabar información complementaria, ao igual que o resto de comunidades requeridas, e púxose en contacto coa empresa proveedora (FRINSA DEL NOROESTE) das latas de atún (un dos ingredientes incluidos), para verificar, nunha inspección, realizada o día 13, tanto os controis de producción como os procesos de esterilización. 

Non detectándose ningunha anomalía no proceso de tratamento para as conservas. Así mesmo, identificouse que todo o produto implicado foi subministrado á antedita empresa distribuidora, non existindo máis existencias fóra dese distribuidor. Por tanto, o producto non se comercializou en Galicia e tampouco temos constancia de persoas afectadas na nosa Comunidade.

A totalidade do producto distribuise pola plataforma DIA a establecementos das comunidades autónomas de Asturias, Castela-León, Cataluña, Aragón, A Rioxa, Murcia, Navarra, Castela-A Mancha e Valencia, onde procedeuse á inmobilización e retirada dos productos afectados.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade xa realizo onte unha nova inspección complementaria, ao recibir a comunicación da AESAN, no día de hoxe, da confirmación da presencia de toxina botulínica na mostra do producto aberto e empregado no prato elaborado polos pacientes, que se remitira para a súa análise. 

Esta visita á industria de onte pola mañá, tivo por obxecto verificar o mantemento preventivo ao que se somete o autoclave no que se elaborou o lote identificado previamente. Sanidade, tamén ten solicitado á empresa un novo estudio de distribución de temperatura e test de penetración do calor do autoclave implicado, co obxecto de verificar o correcto funcionamento do mesmo.

Paralelamente, manténse contacto permanente coa Comunidade Autónoma de Castela-León para avaliar a trazabilidade dos restantes productos empregados no menú que supostamente causou esta intoxicación puntual.

Cómpre destacar que esta empresa, ao igual que o resto de empresas de Galicia, está sometida aos controis periódicos de inspección, dentro do marco do Plan de Control da Cadea Alimentaria de Galicia.

Comentarios
Lo más