Baixan as temperaturas en Compostela durante o día de hoxe

Baixan as temperaturas en Compostela durante o día de hoxe
Baixan as temperaturas en Compostela durante o día de hoxe

En Compostela a temperatura mínima acadará os 17ºC e a máxima os 24ºC

Galicia continuará na influencia das altas presións durante esta xornada, aínda que a presenza dunha fronte pouco activa ao norte ocasionará un empeoramento da situación durante a mañá. 

Así, comezaremos a xornada con ceo moi anubrado e algunha chuvia feble no norte. 

A medida que avance a mañá as nubes irán desaparecendo e pola tarde agardamos ceo pouco anubrado ou despexado. 

As temperaturas comezarán a descender, logo dos elevados valores da xornada anterior. En Compostela a temperatura mínima acadará os 17ºC e a máxima os 24ºC.

Os ventos soprarán frouxos do noroeste, con intervalos de moderado nas Rías Baixas.

Comentarios