O concello de Ames cancela a prórroga da empresa que ofrecía o servizo de psicomotricidade

O concello de Ames cancela a prórroga da empresa que ofrecía o servizo de psicomotricidade
O concello de Ames cancela a prórroga da empresa que ofrecía o servizo de psicomotricidade

Faltan dúas semanas para o comezo das clases a aínda non está claro o futuro da actividade

O pasado mes de maio saltaba a noticia de que o servizo de psicomotricidade, ofertado polo Concello de Ames, non volvería o vindeiro curso. Segundo a información chegada á nosa redacción serían as ANPAS dos centros educativos de Ames a que terían que encargarse de ofrecer esta actividades para os máis pequenos do municipio.

Nese momento, David Santomil, concelleiro de Educación, quixo deixar claro que a propia noticia é un "bulo". "A actividade está a realizarse. Van dous anos de contrato coa empresa e agora corresponde 1+1 de prórroga", afirmou o propio concelleiro.

Pois ben, COMPOSTELA24HORAS puido saber que o propio concello cancelou a prórroga a semana pasada enviando unha notificación á propia empresa que xestionaba o servizo. 

Polo tanto, a falta de dúas semanas para que comecen as clases non se saben se a actividade de psicomotricidade poderá ser ofertada este curso para os rapaces e rapazas de Ames.

Comentarios
Lo más