Unha frente pouco activa pasará pola cidade

Unha frente pouco activa pasará pola cidade
Unha frente pouco activa pasará pola cidade

En Compostela a temperatura mínima acadará os 14ºC e a máxima chegará aos 21ºC

Unha fronte fría pouco activa rozará o norte de Galicia durante esta xornada. 

Así, os ceos estarán moi anubrados pola mañá, con chuvias febles e intermitentes, máis probables na metade norte; sen embargo a medida que avance a xornada as nubes irán desaparecendo e pola tarde poderán abrirse grandes claros. 

As temperaturas terán un descenso xeneralizado. En Compostela a temperatura mínima acadará os 14ºC e a máxima chegará aos 21ºC.

Os ventos tomarán unha compoñente norte e na segunda metade do día acadarán intervalos de moderado.

Comentarios