Comeza a entrar o anticiclón na cidade

Comeza a entrar o anticiclón na cidade
Comeza a entrar o anticiclón na cidade

En Compostela a temperatura mínima acadará os 13ºC e a máxima os 24ºC

As altas presións moveranse cara ao norte e entrarán novamente en Galicia, achegando polo tanto estabilidade. 

Deste xeito teremos aínda algunhas nubes e néboas a primeira hora, pero agardamos en xeral un día de ceo pouco anubrado ou despexado. 

As temperaturas da madrugada serán baixas, pero as máximas da tarde comezarán a ascender. En Compostela a temperatura mínima acadará os 13ºC e a máxima os 24ºC.

Sen embargo a sensación térmica da tarde quedará matizada polo vento que soprará do nordeste, moderado en xeral, mesmo con refachos fortes no litoral da Coruña.

Comentarios