O Verán Cultural de Ribeira rematou co festival de clausura

O Verán Cultural de Ribeira rematou co festival de clausura
O Verán Cultural de Ribeira rematou co festival de clausura

O espectáculo durou algo máis dunha hora na que os cativos deslumbraron cos seus vestiarios e coas súas actuacións de música e baile

Os campamentos de conciliación do Verán Cultural puxeron o venres o seu broche de ouro cun festival de clausura no Audotorio Municipal no que, ademais do cento de rapaces asistentes no mes de agosto, contou coa presenza de numerosos pais e nais que encheron o patio de butacas e non perderon detalle da evolución dos seus fillos sobre o escenario.

O espectáculo durou algo máis dunha hora na que os cativos deslumbraron cos seus vestiarios e coas súas actuacións de música e baile distribuídos en cinco grupos: catro do Xogs con Nós e un do Camp of Natural Summer.

Concluído o festival, a concelleira de Cultura María Sampedro felicitou aos participantes polo seu talento e clausurou os campamentos coa entrega dos correspondentes diplomas.

Comentarios
Lo más