"Os Pementos de Herbón non son o mesmo que os Pementos de Padrón"

"Os Pementos de Herbón non son o mesmo que os Pementos de Padrón"
Imaxe de arquivo
"Os Pementos de Herbón non son o mesmo que os Pementos de Padrón"

Facemos unha pequena entrevista á Presidenta do Consello Regulador do Pemento de Herbón para que nos explique algunhas das súas curiosidades.

O pemento de Padrón procede dunha variedade de pemento (Capsicum annuum) orixinariamente do convento de San Francisco de Herbón onde se comezou a cultivar por frailes franciscanos regresados da América no século XVI. Estes pementos dun tamaño que oscilan entre os 2,5 e 5 centímetros de cor verde son moi aprececiados, tanto dentro como fóra das nosas fronteiras, podendo chegar a verse en cartas de países extraxeiros como Padrón Peppers. Saberán onde se atopa esta pequena localidade aqueles restaurantes ou persoas que as consomen? 

Dende logo é bastante sorprendente que cando te vas de viaxe á UE coñezan esta variedade de pemento, xa que se temos en conta a área de producción e envasado dos primeiros amparados pola DOP de Herbón, parece imposible que se podan degustar a escasos kilómetros de onde se producen. Básicamente porque só hai rexistradas unhas poucas hectáreas (repartidas en 5 localidades: Padrón, Dodro, Rois, Pontecesures e Valga) e é imposible abastecer toda a demanda que hai só na provincia de A Coruña. Por eso e para que nos aclaren todas a dúbidas acodemos a unha persoa experta, a Presidenta do Consello Regulador do Pemento de Herbón, Milagros Gonzalez.

-Orixinalmente de onde proceden?

Os primeiros pementos que chegaron a terras de Herbón proceden de México das mans dos monxes franciscanos que decidiron instalarse no mosteiro de Herbón. Unha vez instalados nesta pequena localidade, repartiron as sementes entre algunhas das familias da zona e deste xeito foi como naceu o Pemento de Herbón. 

Milagros engade que trouxeron estes pementos para comerzilizalos en forma de especias, xa que por aquelas datas eran moito máis valiosas. De feito, leváronas ata o Carballiño para facer pementón e botarlle ao polbo á feira.

-Que é o que fai únicos estes pementos e por que só se dan nesta zona?

Primeiro é que os veciños de Herbón e as persoas adicadas a traballar os pementos recibiron as sementes dos primeiros franciscanos que viñeron de México e xeración a xeración fóronse transmitindo entre predecesores. Segundo, esta zona ten unhas característcas únicas en canto se refiere a tempo, terreo e humidade. Polo tanto, se mesturas as sementes orixinais cas condicións idóneas, o resultado é este pemento de excelentísima calidade dificil de imitar en outras áreas xeográficas, xa que agora plántanse ata en Marrocos.

-Como se cultivan?

É moi sinxelo, unha vez tes as sementes, fáiselle a sementeira e deixase crecer, logo recolles de novo as sementes para os próximos cultivos.

-Todos os pementos que se califican como Pementos de Padrón é imposible que se cultiven nesa localidade, non é tan extensa, hai moito fraude?

Os pementos de Herbón só os hai en Herbón. Quero deixar clara a diferenza entre a variedade de Pementos tipo Padrón e os Pementos de Herbón. 

Os Pementos de tipo Padrón hai moitos, como dixen antes poden estar plantados ata en Marrocos, pero só teñen que ver que son unha variedade parecida, pero non son os pementos orixais de Herbón, son outras sementes, con outros coidados e con distinta procedencia e sabor. Hai que ter coidado cando se compra unha bolsa de pementos, porque non son o mesmo. 

Os pementos de Herbón só se poden atopar nas localidades de Rois, Padrón, Pontecesures, Dodro e Valga. O ámbito xeográfico da zona de producción amparado pola Denominación de Orixe Protexido "Pemento de Herbón" coincide co acondicionamento e envasado dos anteriores municipios.

-Cal é a producción nun ano bo?

Un ano normal a producción total é de 300.000 kilogramos de pemento de Herbón, pero este ano hai menos, aínda que non sei o dato exacto porque a campaña pecha o 31 de outubro e aí e cando se miden as cantidades.

-Este ano sábese que houbo menos producción que outros anos por mor da peste, como afectou?

Si, é certo, este ano houbo unha cantidade menor debido a climatoloxía, non foi un bo ano, o tempo foi moi inestable, moito calor, moita chuvia, non había que o entendera e esto repercutiu na colleita.

-Que diferencias se aprecian entre os pementos que son plantados ao aire libre e en invernadoiros?

Non se aprecian diferenzas. Os pementos de Herbón que se cultivan ao aire libre, plántanse en maio e recóllense en xullo e os que están en invernadoiros, plántanse en marzo e recóllense en maio. Non pretendas plantar pementos ao aire libre en marzo porque vai ser imposible.

-As persoas que venden pementos de Herbón na estrada cara Pontecesures, coñécese a procedencia?

Pois hai persoas que venden pementos de Herbón e outras de Padrón, pero non todas as que están preto da estrada venden os primeiros. Eso depende de cada unha e con quen se atope cada quen.

-A simple vista pódense diferenciar os pementos que pican e non?

Entre risas afirma- Eso só o sabemos nós!, pero pódovos decir que depende de moitas cousas, na forma, na cor, na textura... hai bastante factores que só coñecen as persoas que se adican a isto, poŕen un particular vaille ser complicado distinguilos.

-Que extensión pode haber agora mesmo destinada exclusivamente ao cultivo de pementos?

A día de hoxe non coñezo a cifra exacta  de hectáreas, pero oscilan entre 8 e 9  máis ou menos.  

 -Cantos kilos podemos obter por cada hectárea?

Hai que facer as contas, pero 6 kilos por metro cadrado en invernadoiro e 4 kilogramos ao aire libre.

-A escala Scoville é unha escala que determina o grao de picor aos pementos sendo á máxima rexistrada con 15 billóns da súa propia unidade de medida. Poderías decirme en canto se atopa un pemento de Herbón.

A verdade é que non teño constancia desta escala, co cal eme imposible posicionar o grao de picor do pemento, pero teño que decir que todos aqueles que se comercializan teñen un grao pequeno de picor.

"PEMENTOS DE PADRÓN, UNS PICAN E OUTROS NON" 

A forma tradicional de cociñar esta reliquia da gastronomía galega é fritilos con aceite de oliva virxen extra e sacalos da tixola ou freidora cunha espumadeira para que solten todo o aceite. Unha vez retirados do lume botaselle abundante sal gorda para intensificar o seu sabor mentres se deixan repousar en papel absorvente para quitarlle toda o aceite sobrante. Cómpre comelos quentes acompañados de peixes carnes e marisco, ou polo menos así é como se fai en Galicia. 

Receta pimientos fritos

Comentarios