Un condutor dase á fuga despois de colidir contra un coche en Fontiñas

Un condutor dase á fuga despois de colidir contra un coche en Fontiñas
Imaxe de arquivo
Un condutor dase á fuga despois de colidir contra un coche en Fontiñas

O condutor aínda non está idetificado, pero xa se deu parte a Policía Local. 

Onte, no barrio das Fontiñas, unha particular veuse sorprendido cando un coche choca contra o seu vehículo e se da á fuga.

O suceso aconteceu ás 20:50 da tarde, cando a muller, co coche xa estacionado na zona de carga de descarga na rúa París, procedía a sacar ao neno da parte traseira do vehículo. De súpeto, un Audi Q3 gris colidiu de maneira brusca contra o coche xa estacionado, ocasionando danos importantes no vehículo, aínda que afortunanmente non houbo que lamentar danos persoais. De todas maneiras, tal e como afirma o marido da muller, "estivo a escasos segundos de converterse en traxedia". 

A muller, tras quedar en shock debido ao que acontecera foille imposible visualizar a matrícula, aínda que apunta que o coche debe estar moi marcado, xa que o golpe, foi bastante importante. 

No lugar dos feitos había duas persoas maiores que ao igual que a muller non puderon memorizar a matrícula, pero engaden que o coche que provocou o accidente acelerou para fuxir.

De momento non se sabe nada máis da persoa que provocou estes desperfectos, pero a titular do vehículo xa interpuso unha demanda contra o condutor.

WhatsApp Image 2019 09 02 at 12.50.14 (1)



Comentarios